Thursday 02 de May de 2024

O presidente da Deputación visita o Dolmen de Dombate


O presidente da Deputación, Diego Calvo, visitou o concello de Cabana de Bergantiños con motivo da Romaría de Inverno. O titular provincial visitou nun primeiro momento o Dolmen de Dombate, propiedade da Deputación da Coruña, onde estaba previsto celebrar o evento cos colexios deste e doutros concellos da comarca, pero debido ás inclemencias do tempo, os actos trasladáronse ao pavillón municipal.
Alí Diego Calvo compartiu un tempo cos nenos de entre 3 a 6 anos que foron disfrazados de época para recrear unha romaría tradicional galega. Os pequenos comeron castañas e gozaron dunha sesión de contacontos. A festa completouse con música a cargo de Ce Pantasma.